Metodoloxía docente

O Máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible combina o rigor académico con aplicacións reais na empresa. O desenvolvemento dos conceptos teóricos está a cargo de profesorado universitario e os contidos máis prácticos son impartidos por profesionais de empresas e persoal das administracións públicas.

As clases son participativas e combinan exposicións teóricas e discusións de casos prácticos, exercicios de traballo en equipo e individuais. A documentación das distintas materias está dispoñible a través da plataforma TEMA (Faitic).

Utilízase a avaliación continua, aínda que existe un exame ao final de cada materia. Para obter o título de Máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible os alumnos deben superar todas as materias, incluídas as prácticas na empresa e o traballo fin de Máster.

Horarios e exames 

As clases impártense de luns a venres en horario de mañán (de 9:00 a 14:00 horas) desde principios de outubro ata finais de marzo na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais (Campus de Vigo). Algunhas tardes realízanse actividades como seminarios, conferencias ou visitas a empresas. 

Os exames realízanse ao final de cada materia e existe ademais unha oportunidade adicional no mes de xullo.

 As prácticas en empresas realízanse a partir de abril e son a tempo completo.

EspañolGalegoEnglish
Experiencias profesionales de ex-alumnos del MGDS: Denise Jiménez Agonizante (Contaduría)>>
Presentación de la novena edición del MGDS>>
Experiencias profesionales de ex-alumnos del MGDS (XII): Lucía González Mariño (Ciencias del Mar)>>
Módulo de automoción y medio ambiente
faiTIC
Universidade de Vigo