Prezo

Dado que o MXDS é un título oficial, o seu prezo ven determinado polo Decreto no que se fixan os prezos dos estudos universitarios. O Decreto para o curso 2017-2018 está pendente de ser publicado pero a Xunta de Galicia xa anunciou a súa conxelación (ver noticia).

O coste do crédito para o curso 2016-2017 foi de 31,36 € en primeira matrícula e de 38,54 € en segunda e sucesivas matrículas (Decreto 80/2016, do 23 de xuño, DOG do 12 de xullo de 2016), é dicir, duns 1.900 €. Existe a posibilidade de pago fracionado en 6 prazos. 

As taxas universitarias das universidades galegas, que están conxeladas desde o curso 2011-2012, son unhas das máis baixas de España  Máis información no informe "¿Por qué precios tan distintos? Precios y tasas en las universidades públicas en España, curso 2016/17" publicado polo Observatorio del Sistema Universitario. 

Se estás traballando por conta allea, ó MXDS é bonificable, co que a matrícula é gratis ou a un prezo máis reducido. Podes optar entre dúas modalidades de bonificación: o Crédito de Formación e o Permiso Individual de Formación.  Para obter máis información: mxdsostible@uvigo.es.

Calendario de preinscrición e matrícula - CURSO 2017-2018

A través deste enlace poderás realizar a túa preinscrición e matrícula nos prazos establecidos pola Universidade de Vigo. 

Podes descargar o calendario neste enlace.

Primeiro prazo:

  • Preinscrición: 21 de xuño ao 3 de xullo de 2017
  • Listado provisional: 11 de xullo de 2017
  • Reclamacións: 12 ao 14 de xullo de 2017
  • Listado definitivo: 18 de xullo de 2017
  • Confirmación de matrícula: 19 ao 24 de xullo de 2017

Segundo prazo:

  • Preinscrición: 25 de agosto ao 3 de setembro de 2017
  • Listado provisional: 8 de setembro de 2017
  • Reclamacións: 9 ao 12 de setembro de 2017
  • Listado definitivo: 14 de setembro de 2017
  • Confirmación de matrícula: 15 ao 18 de setembro de 2017

Terceiro prazo:

  • Preinscrición: 25 ao 27 de setembro de 2017
  • Listado provisional: 3 de outubro de 2017
  • Reclamacións: 4 ao 6 de outubro de 2017
  • Listado definitivo: 11 de outubro de 2017
  • Confirmación de matrícula: 12 e 13 de outubro de 2017

IMPORTANTE:

Se te vas preinscribir no terceiro prazo ou se estás a punto de rematar pero todavía non estás graduado nesas datas, escríbenos a mxdsostible@uvigo.es.


IMPORTANTE: No caso de estudantes estranxeiros (fóra do EEES) soen establecerse prazos especiais antes destas datas. 

Para máis información sobre o proceso de matrícula, os documentos necesarios ou os prazos:

EspañolGalegoEnglish
Experiencias profesionales de ex-alumnos del MGDS: Denise Jiménez Agonizante (Contaduría)>>
Presentación de la novena edición del MGDS>>
Experiencias profesionales de ex-alumnos del MGDS (XII): Lucía González Mariño (Ciencias del Mar)>>
Módulo de automoción y medio ambiente
faiTIC
Universidade de Vigo