Experiencias profesionais de ex-alumnos do MXDS

Experiencias profesionais de ex-alumnos do MXDSPodes ler as experiencias profesionais dos nosos ex-alumnos no Blog do MXDS (enlace)

Daniel Domínguez Paz - Ldo. en Administración e Dirección de Empresas - España (VI MXDS 2013-14)

Daniel Domínguez Paz - Ldo. en Administración e Dirección de Empresas - España (VI MXDS 2013-14)O Máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible é unha excelente oportunidade para completar a miña educación. No meu caso, eu buscaba unha especialización diferente as tradicionais dunha carreira como ADE, que é o ambito do cal proveño, o que xunto coas miñas preocupacións en materia do desenvolvemento sostible fixo que cursalo fora unha decisión sinxela. Agora có curso rematado podo asegurar que a experiencia cumpriu as miñas expectativas, tanto persoal como de formación, dándome unha visión xeral sobre a importancia da sostibilidade en calquera actividade e xestión. Por unha banda, compre destacar o carácter multidisciplinar dos alunos e profesores cos cales compartín o curso, déronme puntos de vista moi interesantes e esclarecedoras. Ademais, a súa orientación ao mercado de traballo, xunto coas prácticas cursadas nos últimos meses, espero que supoñan un punto de partida para a miña carreira profesional.

Isabel del Canto Sevillano - Lda. en Ciencias del Mar - España (VI MXDS 2013-14)

Isabel del Canto Sevillano - Lda. en Ciencias del Mar - España (VI MXDS 2013-14)A miña experiencia no Máster de Xestión do desenvolvemento sostible foi moi positiva e moi útil para completar a mi formación en Ciencias do Mar. Ao rematar a carreira decidín facer un máster,e a elección non foi difícil xa que o medio ambiente é un tema que me interesa e que é moi importante, ademáis, considero que especializarse neste ámbito pode abrir moitas portas en ao mundo laboral. A parte do meu interés polo tema gustoume a idea de que non fora un máster puramente teórico. Agora una vez rematado, sei que tomei la decisión correcta, non só polos contidos tamén polos profesores tanto do ámbito académico como empresarial, cos que tes a oportunidade de contactar. Asemade,  o ambiente nas aulas é moi bo, ao tratarse dun máster multidisciplinar tes a oportunidade de coñecer outros puntos de vista.

Elisia Silva da Cruz - Lda. en Socioloxía - Cabo Verde (V MXDS 2012-13)

Elisia Silva da Cruz - Lda. en Socioloxía - Cabo Verde (V MXDS 2012-13)A fascinación polas cuestions ambientais e pola necesidade de expandir a miñas capacidades profesionais, fixeron que a elección do MXDS fora un paso lóxico a seguir. No máster, non só se destaca a calidade docente e a maneira na que está estruturado, se non tamén a coordinación. Ésta foi levada por un equipo que desmostrou dende o primeiro momento competencia e seriedade na conducción do mesmo, prestando a asistencia necesaria e transmitindo seguridade. O trato foi excelente. O máster permitiume ampliar coñecementos, especialmente en cuestións como a valorización, protección e a avaliación ambiental, así como solucións innovadoras á hora de enfrentarse con problemas ambientais. Ademáis, moitos dos coñecementos adquiridos son aplicados a través da realización de prácticas profesionais en empresas de renome e prestixio que colaboran có máster. Síntome moi satisfeita có mestrado, superou con creces as expectativas. Considero importante destacar que debido aos distintos ámbitos de formación e de orixen dos compañeiros, conseguiuse un ambiente propicio á discusión e moi enriquecedor. Cabe también destacar a dispoñibilidade e disposición do persoal da Universidade pola asistencia prestada ao aluno. Quero enfatizar que a miña experiencia en Vigo foi estupenda.

Marta Cristos Amarelo - Enxeñeiro de Montes - España (V MXDS 2012-13) - Becaria da Fundación Iberdrola

Marta Cristos Amarelo - Enxeñeiro de Montes - España (V MXDS 2012-13) - Becaria da Fundación IberdrolaA miña experiencia coa realización do MXDS foi máis que positiva. En primeiro lugar, a ensinanza aprendida é de gran valor xa que consegue equilibrar todas as formacións, tanto técnicas como sociais, con novos coñecementos sobre a xestión empresarial da sostibilidade, estratéxicos para calquera desenvolvemento profesional de hoxe en día. Ademais, o ambiente multidisciplinar dos profesores e dos meus compañeiros nos permitiu ver e aprender diferentes visións de mundo empresarial ou da Administración baixo puntos de vista económicas e socioambientais, fundamentais para obter unha xestión equilibrada e coherente con todos os grupos interesados. Destacar por suposto, as prácticas que o máster achegua para completar a formación de tódolos alumnos en empresas de gran prestixio. Eu as fixen en Iberdrola SA, e a miña experiencia non podería ser mellor. Considero o MXDS a especialización perfecto para a miña vida académica e non deixo de  recomendarllo a quen procura unha diferenciación para unha carreira profesional exitosa.

Iria García Lorenzo - Lda. en Administración e Dirección de Empresas - España (V MXDS 2012-13)

Iria García Lorenzo - Lda. en Administración e Dirección de Empresas - España (V MXDS 2012-13)Este ano foi unha experiencia inesquecible. Eu veño da rama social, do ADE e Publicidade, unha mestura xa particular como para incluirlle un máster de Desenvolvemento Sostible, con todo o camiño que finalmente percorrín. Ademais de estudar, o MXDS deume a oportunidade de traballar como a responsable das redes sociais, polo que aprendín en ambas facetas. A visión xeral do que é, como funciona e como as persoas, as empresas e as sociedades se relacionan co medio ambiente é o maior coñecemento que gañei, e sen o cal non podería entender o desenvolvemento humano nunca máis. Pensei moito sobre cuestións das que antes nin me percataba e descubrín novas perspectivas complementarias a miña formación. Moitos destes puntos de vista proveñen dos meus compañeiros, que acabaron sendo mesturas curiosas coma min, os meus economistas ambientais, enxeñeiros da natureza e biólogos empresarios. A todos eles, grazas por compartir este ano e facerme mellorar.

Javier Veiga Rodeiro - Ldo. en Bioloxía- España (V MXDS 2012-13)

Javier Veiga Rodeiro - Ldo. en Bioloxía- España (V MXDS 2012-13)O campo profesional no que me desenvolvo virou nos últimos anos da biotecnoloxía cara á xestión ambiental. Cunha formación sólida no primeiro campo atopeime gañando experiencia no segundo, no que carecía dunha boa base teórica. Razón que me levou a buscar un máster que dese solución a este problema. O Máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible satisfixo cumpridamente os obxectivos que perseguía. Rematei o máster acadando unha excelente base sobre avaliación e xestión ambiental, ao que sumei coñecementos de moito valor sobre economía e lexislación, sobre enerxías renovables e sobre un campo tan prometedor como é o da responsabilidade social corporativa. Mención aparte merece a oportunidade que ofrece o máster de facer prácticas en empresas, que aproveitei para gañar experiencia na xestión de residuos industriais. Por todo o anterior a miña valoración do paso polo MXDS é excelente.

Iván Orosa Rodríguez - Ldo. en Ciencias do Mar - España (IV MXDS, 2011-2012)

Iván Orosa Rodríguez - Ldo. en Ciencias do Mar - España (IV MXDS, 2011-2012)A elección do Máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible foi sinxela, xa que unha vez rematada a carreira buscaba algo que me permitise especializarme nun ámbito concreto pero sen ter que pasar un ano cargado puramente de carga teórica. Sempre me gustou a rama do Medio Ambiente e con este máster acertei pois conta cunha docencia variada, con puntos de vista ben diferentes: profesores universitarios, do ámbito empresarial, da administración pública, auditores... Este aspecto, reforzado cun alumnado multidisciplinar, da lugar a un cóctel cheo de bos momentos, aprendizaxe e sobre todo oportunidades de futuro. Teño que agradecer especialmente ó máster o esforzo realizado na búsqueda de empresas para realizar as prácticas, que no meu caso en particular foron en PSA Peugeot Citroën Vigo. Gracias a isto, atopeime disfrutando dunha beca FEUGA de 6 meses (que posteriormente se converteron en 12) posiblemente na empresa máis importante de Galicia e no departamento de Medio Ambiente. A verdade é que non se pode pedir máis. Nas prácticas sempre me trataron coma un máis e puiden aplicar todo o aprendido durante a carreira e o máster. Eu recoméndolle a todo o mundo que dubide sobre qué máster cursar, que se desexa un máster diverso, profesionalizante, enriquecedor, interesante e ó mesmo tempo cheo de experiencias e bos momentos se decante polo MXDS.

María Eloisa Álvarez - Lda. en Dereito Económico - España (IV MXDS 2011-2012) - Bolseira Fundación Iberdrola

María Eloisa Álvarez - Lda. en Dereito Económico - España (IV MXDS 2011-2012) - Bolseira Fundación IberdrolaCreo que o Máster en Xestión de Desenvolvemento Sostible é unha gran oportunidade para calquera persoa con interese nun futuro profesional  próspero. A sustentabilidade estase convertindo nun camiño seguido por moitas empresas, tanto nacionais coma internacionais. Ademais, dende o meu punto de vista, o contido subministrado neste Master ofrece adestramento adicional permitindo especializarte independentemente dos estudos realizados ata o momento. Na miña opinión a capacidade de compartir puntos de vista diferentes, debido á multidisciplinaridade que ofrece este máster, é o máis gratificante. Por outra banda creo que, dada a situación na que nos atopamos hoxe neste país, a realización de prácticas en empresas como PSA Peugeot Citroën ou, como no meu caso, en Iberdrola é unha oportunidade moi importante. Neste senso, a experiencia que gañei na práctica fixo posible guíar o meu futuro profesional e ter as cousas máis claras.

MªCarmen Gayoso Montenegro - Lda. en Ciencias do Mar - España (IV MXDS 2011-2012)

MªCarmen Gayoso Montenegro - Lda. en Ciencias do Mar - España (IV MXDS 2011-2012)A gran importancia que ten o Medio Ambiente na sociedade actual é unha vía moi interesante a seguir cando un acaba a carreira. Facer o MXDS foi a decisión máis acertada que tomei dende que empecei a andadura universitaria. Contidos teóricos impartidos por grandes profesionais (tanto do ámbito académico como do empresarial), visitas, seminarios, prácticas... así como una organización excelente, levaron a que fose para min unha experiencia moi enriquecedora, achegándome as ferramentas para desenvolver o futuro profesional. Non menos importante, os compañeiros de moi diferentes disciplinas e países, o bo ambiente que se xerou dende o primeiro día no grupo, que fixo que todo o esforzo fose máis levadeiro.

Sebastian Eduardo Miranda Rubianes - Ldo. Excelencia en Negocios y Estudos Internacionais - Reino Unido (IV MXDS 2011-2012).

Sebastian Eduardo Miranda Rubianes - Ldo. Excelencia en Negocios y Estudos Internacionais - Reino Unido (IV MXDS 2011-2012).Ter elexido estudar o MXDS na Universidade de Vigo é o gran desenlace que foi a miña vida académica de 20 anos. Medrar nunha familia multicultural (nacido na Arxentina e criado na Cidade de México) sempre me fixo querer arriscarme en retos máis demandantes e esixentes, se é posible sempre en entornos internacionais. Experiencias anteriores na miña vida, como estudar a Licenciatura en Gales (Reino Unido) e facer un ano de prácticas en Toulouse (Francia) colaborando no departamento da cadea de suministros e calidade da compañía Aeronáutica Airbus, foron algúns dos retos e experiencias nas que me teño enfrentado nos últimos tempos e que me axudaron a desenvolverme profesionalmente e como ser humano. Elixir o MXDS foi a conclusión de varios anos dentro do perfil académico da área económico-empresarial. Os temas que se ensinan durante o curso abordáronse dunha forma coherente e con xente altamente cualificada e recoñecida. Ademais, para finalizar, invitáronme a colaborar nunha práctica de 3 meses dentro dunha importante consultora medioambiental e de innovación de Galicia (A Coruña), chamada "Valora" onde complementei moitos dos temas vistos durante o Máster e onde afortunadamente, queren que continúe colaborando con eles. Se che interesa a Sostenibilidade e che gustaría colaborar cunha empresa onde poidas chegar a reforzar o visto durante as clases impartidas no MXDS é seguramente o que estés buscando.

Ainara Ballesteros Larrañaga - Lda. Ciencias Ambientais - España (III MXDS, 2010-2011) - Bolseira Fundación Iberdrola

Ainara Ballesteros Larrañaga - Lda. Ciencias Ambientais - España (III MXDS, 2010-2011) - Bolseira Fundación IberdrolaComo moitos estudantes, ao finalizar a carreira pensei en estudar un máster para tentar orientar a miña carreira profesional e xurdiume a pregunta de ¿cál escoller? As principais razón polas que elexín o Máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible da Universidade de Vigo son as prácticas en empresas que ofrecen aos estudantes, as que me permitiron comezar a miña carreira profesional no ámbito no que realmente quero traballar; e o seu carácter multidisciplinar, o feito de compartir clase con persoas de distintos países, distintas partes de España e, sobre todo, distintas formacións académicas, enriqueceume tanto persoal como profesionalmente. Ollando atrás, considero que a elección do máster foi a correcta, polo que non podo deixar de recomendalo a todas aquelas persoas interesadas no desenvolvemento sostible.

Denise Selene Jiménez Agonizante – Lda. Contaduría – México (III MXDS, 2010-2011)

Denise Selene Jiménez Agonizante – Lda. Contaduría – México (III MXDS, 2010-2011)Viaxei a Vigo para realizar unha estadía de investigación pero, unha vez alí, informáronme sobre a posibilidade de me matricular no Máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible e pregunteime ¿por qué non? A resposta é sinxela, porque non me podía negar a oportunidade de ampliar os meus horizontes tanto profesionais como persoais. A realización deste máster foi unha experiencia vital única por diversos factores, entre eles, que estudas nun campus universitario fermoso, en grupos multidisciplinarios, con profesores de primeiro nivel, cun programa académico amplo en contidos, fas visitas a institucións especializadas e tomas de primeira man a súa experiencia e acudes a seminarios de primeiro nivel. Ademais podes realizar tres meses de prácticas profesionais nunha empresa, o que é un plus xa que te expós ao mercado laboral baixo unha referencia. Agora, na miña vida, Vigo é entrañable e o MXDS é FENOMENAL.

Carlos Meijome Juiz – Ldo. Administración e Dirección de Empresas – España (III MXDS, 2010-2011)

Carlos Meijome Juiz – Ldo. Administración e Dirección de Empresas – España (III MXDS, 2010-2011)O MXDS foi se dúbida unha das miñas mellores experiencias vitais e académicas. A posibilidade de compartir esta experiencia cun grupo interdisciplinar e multicultural, en canto a profesores e estudantes, compartindo experiencias con profesionais de formacións diversas pero complementarias, e de moi distintos lugares do mundo, é unha oportunidade que non se debe deixar pasar.

F. Manuel Muñoz Muñetones - Ldo. Bioloxía - Colombia (II MXDS, 2009-2010)

F. Manuel Muñoz Muñetones - Ldo. Bioloxía - Colombia (II MXDS, 2009-2010)Cursar o Máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible significou para min un punto de inflexión no meu desenvolvemento integral como ser humano, non só no plano académico e profesional, senón tamén como experiencia de vida. O feito de que compartas a aula cun grupo de persoas de diferentes ámbitos profesionais e nacionalidades, de entrada, fai que o desenvolvemento do curso sexa enriquecedor ó existir ese “pool” de coñecementos, de experiencias e de puntos de vista ó redor dun eixe temático fundamental: o Desenvolvemento Sostible. E máis aínda, cando contas co asesoramento dun equipo multidisciplinar de docentes e profesionais especializados no tema, cos cales podes chegar incluso a construir valiosos lazos de amistade. A súa proposta académica, contidos temáticos, visitas a diferentes entidades estatais e privadas, seminarios con expertos e recoñecidas personalidades no ámbito industrial e ambiental e as súas prácticas laborais e formativas en institucións e empresas recoñecidas a nivel nacional e internacional fan deste Máster a mellor opción para aqueles que ansiamos atopar as mellores alternativas de solución ó problema real e subsecuente da interacción home e medio ambiente.

Cristina Álvarez Alijo - Lda. Dereito - España (II MXDS, 2009-2010)

Cristina Álvarez Alijo - Lda. Dereito - España (II MXDS, 2009-2010)O Máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible doume a oportunidade de poder ampliar a miña formación profesional cara un sector que desde sempre me interesara e cara o cual me gustaría encamiñar o meu futuro profesional.
En canto á carga teórica do Máster, moi amplia e variada, permiteume obter de man de todo o corpo docente, una amplia visión do Desenvolvemento Sostible, xa non só desde un punto de vista académico senón profesional. En canto á parte práctica, persoalmente permitíume tomar contacto cun campo totalmente alleo ó que se correspondía coa miña formación académica anterior, o que foi unha grande experiencia e aportoume grandes coñecementos e ferramentas para o meu futuro profesional.

Irving Morales Ordosgoitia - Enxeñeiro Mecánico - Colombia (I MXDS, 2008-2009)

Irving Morales Ordosgoitia - Enxeñeiro Mecánico - Colombia (I MXDS, 2008-2009)Un mercado cada vez máis competitivo e esixente demanda industrias capaces de responder aos requirimentos dos seus clientes dunha forma eficaz e eficiente. Esta tendencia fai que sexa cada vez máis importante optimizar a relación da industria non só cos aspectos económicos relevantes da súa actividade, senón tamén con todos aqueles aspectos relacionados coa sociedade e o medio ambiente. O enxeñeiro convértese en peza crave de toda esta nova revolución industrial e este máster bríndalle unha visión ampla da situación actual, as novas tendencias e os seus mecanismos de adaptación. A formación goza dun balance entre a academia e a industria que permite ao estudante desenvolver cada concepto dentro dun contexto real onde as formulacións das partes interesadas analízanse promovendo a procura do espírito do máster, o desenvolvemento sostible.

Guillermo Alberto Piovano - Ldo. Dereito - Arxentina (I MXDS, 2008-2009)

Guillermo Alberto Piovano - Ldo. Dereito - Arxentina (I MXDS, 2008-2009)O MXDS foi unha experiencia moi valiosa para a miña formación profesional e persoal. Contidos amplos e moi variados, para meterse de cheo no mundo do desenvolvemento sustentable e a súa posta en práctica da mellor maneira, con profesores especializados e moi bo material.
Cunha forte carga de formación teórica e práctica, creo que obtiven ferramentas básicas e moitas fontes de consulta permanente para comezar a forxar a miña carreira profesional.
Ademais, os perfís multidisciplinarios de quen asistimos á primeira edición axudaron a xerar intensos debates na clase que ampliaron o desenvolvemento e incorporación de novos conceptos; o trato diario con persoas de formacións académicas moi diversas permitiunos abrir o noso espectro de razoamento e puntos de vista. Ao mesmo tempo, formouse un grupo moi divertido que ata se atreveu a probar a noite viguesa tras as avaliacións.
Pola súa banda, o corpo docente e dirección do máster demostraron gran flexibilidade coas situacións persoais de cada alumno, como no meu caso, que sendo latinoamericano, brindáronme moita axuda para atravesar todo o proceso de matriculación e obtención do visado de estudante español. Neste senso, Vigo, a súa Universidade e a súa xente acolléronme dunha maneira moi cálida. Pasei un ano realmente inesquecible, e foi unha experiencia máis que recomendable.

Lucía González Mariño - Lda. Ciencias do Mar - España (I MXDS, 2008-2009)

Lucía González Mariño - Lda. Ciencias do Mar - España (I MXDS, 2008-2009)Desde logo decidirse por un dos moitos títulos de especialización existentes, non é sinxelo. Tes que ver moitas cousas, máis aínda se, coma é o meu caso, xa estás traballando, tes que compaxinar os horarios e non vas a dispor de moito tempo libre. A decisión de optar por un máster en Desenvolvemento Sostible foi valorada porque hoxe en día, calquera profesional que traballe no eido da consultaría e xestión da innovación debe ser capaz de xestionar proxectos incorporando políticas e prácticas de desenvolvemento sostible. Este máster aportoume as ferramentas e competencias necesarias para poder crecer profesionalmente ao tempo que me permite desenvolver mellor o meu traballo diario. O esforzo ben mereceu a pena.

Alfredo Alcalá Medina - Ldo. Dereito - España (I MXDS, 2008-2009)

Alfredo Alcalá Medina - Ldo. Dereito - España (I MXDS, 2008-2009)O Master en Xestión do Desenvolvemento Sostible deume a oportunidade de reciclarme profesionalmente, nun momento de especial dificultade no mercado laboral. Creo que o feito de que nas axendas de todos os gobernos do mundo figure a cuestión ambiental como prioritaria, ha de permitir o desenvolvemento de carreiras profesionais a todos os que se especialicen neste ámbito.
Do desenvolvemento do Máster destaca a calidade dos docentes e o ambicioso do programa, que nos achegou aos alumnos unha amplísima e rigorosa visión do Desenvolvemento Sostible.

EspañolGalegoEnglish
¿Te animas a formar parte del X MGDS? ¡El medio ambiente combina con todo!>>
Experiencias profesionales de ex-alumnos del MGDS (XIX): Iria García Lorenzo (Administración de Empresas y Publicidad y Relaciones Públicas)>>
PSA Vigo hace balance de sus acciones para minimizar su huella ambiental>>
Módulo de automoción y medio ambiente
faiTIC
Universidade de Vigo